A Fundación Galicia Obra Social (AFundación) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) organizan hoxe, na Sede Afundación en Ferrol, desde as 10.30 ata as 13.30 horas, o obradoiro Trámites online: compras por Internet, pagos seguros e moito máis.
O pasado xoves día 17 de febreiro en Torre Jussana dentro do marco da semana do Mobile Word Congres, tivo lugar a xornada #di_capacidad As TIC ao servizo das persoas, organizada polo ODF (Observatori Discapacidad Física) coa colaboración da Fundación Vodafone, a Obra Social La Caixa, o CAB (Consell d'Associacions de Barcelona), Cocemfe Barcelona e TMB (Transports Metropolitans de Barcelona).
En febreiro presentouse a nova app para móbil "DisCar", de Localización e Detección de Aparcadoiros Reservados a Persoas de Mobilidade Reducida. É unha aplicación totalmente gratuíta para os usuarios e plataformas colaborativas, que non ten publicidade nin se pretende obter dela recursos económicos de ningún tipo.