Internet e a Tecnoloxía están abrindo unha nova vía para realizar innovadoras formas de voluntariado.
Desde a administración galega, entendemos que debemos ser motores desta nova oportunidade e ofrecer o noso coñecemento no ámbito das TIC para que as diferentes áreas da administración, entidades e/ou organizacións públicas e privadas poidan aproveitar estas novas oportunidades e estas novas formas de realizar accións solidarias.
O Programa de Voluntariado Dixital (VolDIX) é unha iniciativa posta en marcha por a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social. Actualmente forma parte da Estratexia Galicia Dixital 2030, que busca situar a Comunidade como unha rexión de referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribúe a aumentar a calidade de vida e ao desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: social, económica e medio ambiental.
Desde 2016, VolDIX tamén formou parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 como un dos proxectos clave que asentaron as bases para definir a nova estratexia de inclusión digital da comunidade e que tivo o obxectivo común de transformar a cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital.
Actualmente VolDIX forma parte do novo Plan para o impulso da Inclusión, Capacitación e Talento Dixital en Galicia, Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, que fusiona os anteriores Plan de Inclusión Dixital 2020 e Plan DigiTalent 2020 nun único instrumento estratéxico que toma o seu relevo para enfocarse no horizonte 2030 coa misión de conseguir unha sociedade máis autónoma dixitalmente que non deixe a ninguén atrás.
Rexístrate como: