Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Introdución

Misión

  • Incorporar a tecnoloxía á vida cotiá de todos os galegos e galegas mediante a colaboración e compromiso de persoas voluntarias, co obxectivo de movilizar á sociedade cara unha Sociedade da Información e o Coñecemento.

Visión

  • Uso da tecnoloxía para a solución de problemas sociais.

Valores

  • Unión da solidariedade o voluntariado e a tecnoloxía para construir unha sociedade mellor.
  • Compartir o coñecemento de maneira voluntaria e altruista.
  • Traballo e colaboración en rede para a construccción conxunta da sociedade do coñecemento.

O Programa de Voluntariado Dixital ten como obxectivos:

  • Promover a innovación na xestión.

    Potenciación do uso das novas tecnoloxías pola cidadanía e apoio e consolidación do seu uso no terceiro sector posibilitando a súa autonomía, participación, colaboración e mellora na súa xestión diaria.

  • Promover novos valores na sociedade.

    Fomentar a responsabilidade da propia sociedade civil a través da dedicación voluntaria de tempos e capacidades, xa sexa a nivel individual ou a través da responsabilidade social empresarial (RSE) por parte do sector privado e outras entidades e organizacións de calqueira ámbito na nosa comunidade.

  • Promover a eficiencia e cooperación: Máis por menos.

    Contribuír a xerar e difundir a MARCA Voluntariado e Tecnoloxía como unha marca que canalice as diferentes ACCIÓNS SOLIDARIAS na nosa comunidade que inciden directamente na mobilización da cidadanía de cara a Sociedade da Información e o Coñecemento.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal