En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolos de que os seus datos persoais serán tratados e quedarán incorporados no ficheiro Actividades dirixidas á cidadanía, responsabilidade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar todas as actividades dirixidas á cidadanía.
Os datos que se lle solicitan resultan necesarios para confeccionar o rexistro de voluntarios do que vai formar parte, de xeito que de non facilitalos non será posible a súa inscrición como voluntario. Neste sentido, vostede consinte expresamente a recollida e tratamento dos datos para ser dado de alta no Rexistro de Voluntariado Dixital e poder participar nas actividades que se xestionen para o voluntariado dixital.
Do mesmo xeito, autoriza a comunicación dos seus datos de carácter persoal á Consellería de Traballo e Benestar para xestionar a súa inscrición no Rexistro de Voluntariado de Galicia, posto que esta inscrición é requisito imprescindible para poder inscribirse no Rexistro de Voluntariado Dixital, e ás entidades de acción voluntaria co fin de poder xestionar a súa participación nas actividades que se xestionen para o voluntariado dixital. Poderá consultar o listado de entidades de acción voluntaria na páxina web do Voluntariado Dixital.
En todo caso, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia , Cidade da Cultura, Monte Gaiás sen número 15781 , achegando copia do seu DNI ou, de ser o caso, acreditando representación suficiente, ou ben a través dun correo electrónico a lopd@xunta.es.
Pregámoslle que no suposto de que se produza algunha modificación nos seus datos de carácter persoal, no lo comunique co fin de manter actualizados os seus datos de carácter persoal.