Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Tecnoloxía móbil accesible
25/02/16 (08:39)
A tecnoloxía móbil é o principal campo de coñecemento no que se está actualmente traballando dentro do sector das Tecnoloxías da Información e Coñecemento (TIC) accesibles, de acordo coa segunda entrega do Plan de Vixilancia de Tecnoloxía para todos que elabora a Fundación ONCE.
Formación sobre WhatsApp e Skype
25/02/16 (08:25)
Trátase dunha plataforma en liña de difusión e formación na que se combinan modalidades tradicionais presenciais con modalidades dixitais. O obxectivo: crear un novo modelo de acceso ao coñecemento baseado na innovación e a aplicación das TIC. A idea é habilitar unha porta de acceso a un mundo de coñecementos para proveito dos estudantes dos programas de maiores das universidades galegas e, tamén, de calquera cidadán.
Emilio J. Padrón
25/02/16 (08:10)
Como utilizar o software libre para compartir o coñecemento, fomentar o desenvolvemento local, crear comunidades e cambiar de modelos de negocio no mundo da tecnoloxía será o fío condutor do relatorio que Emilio J. Padrón, do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e profesor de Informática da UDC, dará hoxe no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) a partires das 20:00 horas.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal