O obxectivo do proxecto "Yo me prep@ro" é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias para facilitarlles o acceso ao emprego, a través das diferentes tecnoloxías implantadas na sociedade: acceso a Internet, uso do computador, acceso a redes bancarias informatizadas, comunicación a través da telefonía móbil ou fixa, realizar consultas en organismos públicos, programación e uso da televisión e DVD, etc.
A Radio dos Gatos foi creada en ASPACE Coruña a principios de 2011. Trátase dun programa de radio realizado por persoas con parálise cerebral da asociación coruñesa que se emite pola megafonía do centro e, posteriormente, compártese nas redes sociais. Partindo desta iniciativa de éxito, nace RadioRed en colaboración con AMAPPACE Málaga.
“Cidades Patrimonio Accesibles” é unha aplicación accesible e gratuíta que ofrece aos visitantes con discapacidade información sobre as condicións de accesibilidade da oferta turística das Cidades Patrimonio.