A Radio dos Gatos foi creada en ASPACE Coruña a principios de 2011. Trátase dun programa de radio realizado por persoas con parálise cerebral da asociación coruñesa que se emite pola megafonía do centro e, posteriormente, compártese nas redes sociais. Partindo desta iniciativa de éxito, nace RadioRed en colaboración con AMAPPACE Málaga.
O proxecto ten dúas vertentes: por unha banda, os mozos da Coruña, veteráns e con experiencia neste ámbito, asesoran aos de Málaga sobre a posta en marcha da súa propia radio interna, Enreda2, como un paso máis no seu propio proxecto de comunicación interna. E, doutra banda, as dúas entidades traballan nun proxecto común, RadioRed, un programa que emiten conxuntamente de maneira trimestral.
RadioRed púxose en marcha este curso e hai unhas semanas xa se puido emitir o primeiro programa conxunto. Ademais, na páxina de Facebook, os mozos que participan no proxecto comparten as súas experiencias e ilusións, así como todos os avances da iniciativa.
Todo isto, grazas ás tecnoloxías de apoio e aos recursos e adaptacións dispoñibles, que facilitan a participación activa e a comunicación das persoas con parálise cerebral.
Rexístrate como: