Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Anuncio dos subtítulos
03/03/16 (09:44)
Grazas ao acordo de colaboración entre a Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) e o Congreso dos Deputados, asinado en novembro de 2013, co obxectivo de dar a coñecer ás persoas con discapacidade sensorial as actividades que a Cámara Baixa leva a cabo, a sesión de investidura do candidato socialista á Presidencia do Goberno pódese seguir de forma accesible mediante subtitulado a través dun sistema de estenotipia informatizada.
Un momento do curso por Pepe Tejero
03/03/16 (09:07)
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, na que está integrada a asociación de IV Ciclo Universitario do campus de Lugo da USC, desenvolveu este mércores, a partir das 10.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, o curso ‘Seguridade en Internet: Precaucións e consellos en dispositivos móbiles’, unha actividade formativa incluída no proxecto ‘Ágora Tecnoloxía’.
Presentación do programa
03/03/16 (08:11)
O Programa de formación a docentes organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ao abeiro do convenio asinado coa AMTEGA deu comezo o pasado día 23 de febreiro na Cidade da Cultura nunha xornada á que acudiu un cento de docentes, prevéndose que esta iniciativa beneficie a medio milleiro de profesores.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal