A Confederación Española de Organizacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e Afíns (Confederación ASPACE) é unha entidade sen ánimo de lucro que busca maneiras de mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e das súas familias. Para alcanzar ese obxectivo confían plenamente na tecnoloxía, unha confianza que se materializou no proxecto #ASPACEnet.
Un equipo formado por tres enxeñeiros informáticos españois desenvolveu 'Lazus', unha aplicación para iOS e Android que describe ás persoas cegas ou con discapacidade visual grave o que hai á súa ao redor cando camiñan pola rúa e que supón para elas, segundo o ONCE, "unha axuda", en tanto que complementa ao seu bastón ou ao seu can guía.
Telefónica promoveu os días pasados unha nova edición (xa van catro) do HackForGood, evento celebrado do 25 ao 27 de febreiro en diferentes puntos ou hackathóns da contorna estatal, entre eles Vigo. É preciso salientar que o HackForGood reuniu a máis de 1.000 programadores sociais e solidarios distribuídos en 14 sedes, participaron 20 universidades en máis de 300 retos e desenvolvéronse 120 proxectos. Nestes encontros premiábanse as aplicacións que contribuíran a crear un mundo mellor, no caso da cidade galega tres foron as aplicacións que foron distinguidas nos premios, trátase das ferramentas: Handyhand, TIR e Sherpapp.