A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos “Ways of Solidarity (Camiños de Solidariedade)” co obxectivo principal de desenvolver un intercambio de aprendizaxe intercultural entre voluntarios/as sénior de España e Reino Unido.
Con ese lema a Comisión Europea acaba de presentar o Ano Europeo do Voluntariado 2011 (EYV). Todo un ano para colaborar cos demais, darlles un pouco do noso tempo e das nosas capacidades .
Dentro do XIV Congreso Estatal de Voluntariado preténdese ofrecer un espazo participativo no que os congresistas ostenten o protagonismo e poidan presentar iniciativas, proxectos ou accións no ámbito dos servizos sociais e no sociosanitario que sirvan como modelo de actuación e boas prácticas.