A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital, vai celebrar o próximo martes 27 de novembro a xornada, "O USO DAS REDES SOCIAIS E A WEB 2.0 NAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS"
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, inaugurou esta mañá a I Xornada de Boas Prácticas para a Inclusión Social. Trátase dunha iniciativa do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta para dar a coñecer ás entidades de acción social da Comunidade solucións tecnolóxicas do ámbito social desenvolvidas por empresas TIC Galegas.
Co obxectivo de amosar diferentes boas prácticas relacionadas con esta materia, organízase esta xornada o próximo 23 de novembro de 2012, para contribuír ao coñecemento da realidade social, e ao prantexamento da utilidade e da idoneidade das TIC como complemento e solución a determinados problemas sociais.