O Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais vén de propoñer á Comisión Europea que o Programa de Voluntariado Dixital da Xunta sexa obxecto dun seminario Peer Review a nivel europeo como exemplo de boa práctica en materia de inclusión social a través das TIC.
Na categoría de Mellor Proxecto de Entidade Sen Ánimo de Lucro dirixido a Cidadáns o galardón correspondeu, tamén por unanimidade, á Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic) pola súa iniciativa Destino Emprego. Trátase dun proxecto piloto que persegue a formación de mulleres co fin de favorecer a súa incorporación ao mercado laboral ou a posta en marcha da súa propia empresa. Para iso, configuraron dous itinerarios formativos online (a modo de liñas de metro) que, segundo o destino sexa o emprego ou o autoemprego, componse de diferentes paradas que proporcionan unha serie de contidos e recursos, ofrecendo ademais tutorización e asesoramento personalizado específicos.
Ao igual que en anos anteriores, os cursos seguirán unha metodoloxía combinada de formación presencial e en liña, para facilitar a formación daquelas persoas con dificultades para desprazarse e poder participar nos cursos presenciais por incompatibilidades cos seus horarios laborais e diferentes responsabilidades.