Dirixido a mulleres residentes en Galicia, é un proxecto de acompañamento e tutorización totalmente on-line e gratuíto que ten por obxectivos informar, acompañar, adestrar e tutorizar ás participantes de maneira personalizada incrementando notablemente as súas posibilidades de inserción no mercado laboral ou facer realidade os seus propios proxectos empresariais.
Na categoría de Mellor Proxecto de Entidade Sen Ánimo de Lucro dirixido a Cidadáns o galardón correspondeu, tamén por unanimidade, á Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic) pola súa iniciativa Destino Emprego. Trátase dun proxecto piloto que persegue a formación de mulleres co fin de favorecer a súa incorporación ao mercado laboral ou a posta en marcha da súa propia empresa. Para iso, configuraron dous itinerarios formativos online (a modo de liñas de metro) que, segundo o destino sexa o emprego ou o autoemprego, componse de diferentes paradas que proporcionan unha serie de contidos e recursos, ofrecendo ademais tutorización e asesoramento personalizado específicos.
Rexístrate como: