A Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) colabora no proxecto de difusión desta web, a través do proxecto VOLDIX de voluntariado dixital, e da difusión da súa rede de centros CEmIT e as súas ferramentas dixitáis e webs, na procura de xerar a movilización social que nos permita acadar o financiamento dos proxectos.
Un grupo de 40 voluntarios dos Espazos de Busca Activa de Emprego da Cruz Vermella participan hoxe na Xornada Identidade Dixital e Busca de Emprego 2.0
Catro expertos de Infojobs, R, Laboral News e Ega Consultores afondarán na importancia das redes sociais no mercado de traballo e nas claves para construír unha boa identidade dixital para atopar oportunidades laborais
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital, e en colaboración con Cruz Roja en Galicia, vai celebrar o vindeiro sábado 15 de decembro a xornada, "IDENTIDADE DIXITAL E BUSCA DE EMPREGO 2.0".