Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

XORNADA "IDENTIDADE DIXITAL E BUSCA DE EMPREGO 2.0"

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital, e en colaboración con Cruz Roja en Galicia, vai celebrar o vindeiro sábado 15 de decembro a xornada,  "IDENTIDADE DIXITAL E BUSCA DE EMPREGO 2.0".

Versión para impresiónSend by email
Salón 103 CIDADE DA CULTURA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Santiago de Compostela, 15/12/12 (11:45)

As capacidades da Web 2.0 encaixan perfectamente co proceso da demanda e oferta de emprego. Non soamente a través das páxinas de busca deste, senón, e cada vez máis, a través das redes sociais.

A información que se comparte nunha rede profesional entendemos que non decide unha contratación, pero si supón un escaparate importante para empresas e headhunters de cara a unha primeira toma de contacto co perfil do candidato. O feito é que agora a identidade dunha persoa-candidato ten máis partes expostas a un xuízo, aumentando o nivel de información sobre ela cos seus conseguintes proles e contras en materia laboral.

Nesta xornada enmarcada dentro do programa Voluntariado Dixital, e organizada en colaboración con Cruz Roja en Galicia, queremos mostrar diferentes experiencias prácticas que buscan transmitir:

 

A importancia das redes sociais no mercado de traballo e o impacto da web 2.0 no mercado laboral

A importancia de como construír unha boa “IDENTIDADE DIXITAL” para a busca de emprego

 

Para formalizar a inscrición poden facelo a través do correo electrónico voluntariadodixital@xunta.es

Esperando contar coa vosa presenza, recibide un cordial saúdo

Unidade Coordinación Programa Voluntariado Dixital

Teléfono: 881 999 120

Programa da xornada ----> Mapa de Acceso

Tema: Xeral
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal