A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital, e en colaboración con Cruz Roja en Galicia, vai celebrar o vindeiro sábado 15 de decembro a xornada, "IDENTIDADE DIXITAL E BUSCA DE EMPREGO 2.0".
As capacidades da Web 2.0 encaixan perfectamente co proceso da demanda e oferta de emprego. Non soamente a través das páxinas de busca deste, senón, e cada vez máis, a través das redes sociais.
A información que se comparte nunha rede profesional entendemos que non decide unha contratación, pero si supón un escaparate importante para empresas e headhunters de cara a unha primeira toma de contacto co perfil do candidato. O feito é que agora a identidade dunha persoa-candidato ten máis partes expostas a un xuízo, aumentando o nivel de información sobre ela cos seus conseguintes proles e contras en materia laboral.
Nesta xornada enmarcada dentro do programa Voluntariado Dixital, e organizada en colaboración con Cruz Roja en Galicia, queremos mostrar diferentes experiencias prácticas que buscan transmitir:
▪ A importancia das redes sociais no mercado de traballo e o impacto da web 2.0 no mercado laboral
▪ A importancia de como construír unha boa “IDENTIDADE DIXITAL” para a busca de emprego
Para formalizar a inscrición poden facelo a través do correo electrónico voluntariadodixital@xunta.es [2]
Esperando contar coa vosa presenza, recibide un cordial saúdo
Unidade Coordinación Programa Voluntariado Dixital
Teléfono: 881 999 120
Programa da xornada [3] ----> Mapa de Acceso [4]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[2] mailto:voluntariadodixital@xunta.es
[3] http://voluntariadodixital.xunta.es/sites/default/files/PDF/recursos/Xornada_2_0.pdf
[4] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/PDF/recursos/ACCESO_AMTEGA.pdf