A Comisión Europea vén de anunciar que o Programa de Voluntariado Dixital da Xunta será obxecto dun seminario Peer Review a nivel europeo, que terá lugar este outono, como exemplo de boa práctica en materia de inclusión social a través das TIC.
Os seminarios Peer Review ou avaliacións por pares son unha iniciativa para difundir entre os países membro iniciativas e proxectos de interese en determinados ámbitos fomentando a aprendizaxe e o intercambio de información a través da avaliación e a análise crítica por parte de expertos nesa materia. Este método supón que o Estado membro, cuxa iniciativa resultou elixida, organiza un seminario no seu territorio ao que invita representantes doutros países.
O activista alemán Raul Krauthausen ven de presentar o seu proxecto “Wheelmap”, un mapa online de lugares adaptados, accesibles e inaccesibles para as persoas con movilidade reducida, que funciona a nivel mundial en 21 idiomas.
A empresa galega Balidea está a presentar a súa convocatoria de bolsas, edición 2013, para tituladas/os e universitarias/os. Esta proposta, cuxo prazo para a presentación de solicitudes remata o venres 3 de maio, é xa a cuarta destas características (bolsas de seu para favorecer a inserción laboral da nosa mocidade) que pon en xogo a compañía galega. Destínanse, máis polo miúdo, a estudantes de último curso ou que teñan rematado recentemente as carreiras de Informática, Física ou Telecomunicacións.