A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría elixiu a cidade da Coruña para organizar o seu XXV Congreso, que terá lugar os días 10 e 11 de maio de 2013 e se celebrará no Edificio Universitario de Oza.
A edición impresa do diario abc para Galicia faise hoxe eco da historia de Manuel Abelleira que, dende o pasado mes de outubro, é un dos 220 voluntarios dixitais do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, colaborando coa asociación cultural de Os Tilos(Santiago).