O Programa de Voluntariado Dixital, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar, ven de abrir o plazo de inscrición para o curso "VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0", enmarcado no Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2013.
Un smartphone con conexión a internet e un pequeno grupo de voluntarios e voluntarias sería dabondo para localizar e axudar ás persoas maiores que o precisasen nas zonas rurais de Galicia. Con ese obxectivo nace, da man dos alumnos do 2º curso do Grao en Dirección e Xestión Pública, a ferramenta beta para Android @AppDuls, unha aplicación orientada a resolver os problemas de teleasistencia a maiores que viven en zonas afastadas aproveitando todas as facilidades e vantaxes que ofrecen os teléfonos intelixentes.
Na súa edición de Vigo (Startup Pirates@Vigo) que terá lugar do 25 de maio ao 1 de xuño no Centro Cultural NovaCaixaGalicia, céntrase no emprendimiento social para desafiar os modelos de negocio existentes e resolver retos sociais a través de proxectos empresariais sostibles.