Startup Pirates é un programa formativo acelerador de potenciais emprendedores. A través dunha combinación de actividades de formación, mentoring e desenvolvemento de novas ideas, axuda aos participantes a estruturar e desenvolver os seus proxectos, dando ao finalizar o programa, a oportunidade ás persoas que participaron de presentar as súas ideas ante un grupo de investidores e expertos líderes de negocios
Na súa edición de Vigo (Startup Pirates@Vigo) que terá lugar do 25 de maio ao 1 de xuño no Centro Cultural NovaCaixaGalicia, céntrase no emprendimiento social para desafiar os modelos de negocio existentes e resolver retos sociais a través de proxectos empresariais sostibles.
Durante un programa intensivo de 8 días de duración os asistentes implicaranse en distintos talleres de formación, terán o apoio de expertos profesionais que serán os seus mentores, participarán en actividades lúdicas que axudarán a potenciar a creatividade e a capacidade de comunicación,...
Emprendemento social
Os emprendedores sociais son persoas que buscan solucións innovadoras aos retos que exercen maior presión na sociedade. Desenvolven iniciativas cuxa misión é resolver un problema sendo economicamente viables, ben en forma de negocio (empresa social) ou ben en forma de proxecto innovador nunha organización existente como unha empresa, ONG, universidade ou administración pública.
Ao detectar e satisfacer necesidades sociais non cubertas, xeran un modelo de negocio rendible creando novos postos de traballo e transferindo riqueza no ámbito.
Rexístrate como: