Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo VolDIX

Aberto o prazo de inscrición para o curso presencial "VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0"


  • Os principais destinatarios do curso son os voluntarios e voluntarias dixitais e persoal técnico das entidades de acción voluntaria adheridas ao programa Voluntariado Dixital, aínda que está aberto a calquera persoa interesada na materia.

  • Está dividido en 4 módulos nos que se poderá participar de maneira totalmente independente.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/05/13 (10:18)

O Programa de Voluntariado Dixital, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a DX de Xuventude e Voluntariado, ven de abrir o plazo de inscrición para o curso "VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0", enmarcado no Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2013.


Este curso está dividido en 4 módulos de 8 horas de duración:
   - Módulo I: Redes sociales y comunicación 2.0
   - Módulo II: Identidade Dixital
   - Módulo III: Community Manager
   - Módulo IV: Crowdfunding


Esta acción formativa está deseñada para que se poida facer cada un destes módulos de maneira  independiente polo que as persoas interesadas en realizar máis dun deberán comprimentar os correspondentes formularios de inscrición e recibirán un diploma por cada módulo que realicen.


O curso está destinado a voluntarios e voluntarias dixitais e persoal técnico das entidades de acción voluntaria adheridas ao programa Voluntariado Dixital, aínda que está aberto a calquera persoa interesada na materia. e poderase desenvolver ou ben en modalidade presencial no CDTIC ubicado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG en Santiago de Compostela ou ben por videoconferencia nas aulas CeMIT as cales se indicará en breve.


Para inscribirte ou obter máis información consulta aquí.

Tema: Xeral
Fonte: VolDIX
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal