Segundo publica a edición dixital do xornal El Corro Gallego, en España hai 3,5 millóns e medio de persoas con algún tipo de discapacidade, e a era dixital non pode ignoralo. Esta foi unha das conclusións do foro sobre tecnoloxía e 'smart cities' celebrado en Santiago.
A Consellería de Traballo e Benestar e Cruz Vermella incrementará en preto de 1.000 o número de usuarios do servizo público de teleasistencia en Galicia. Con este aumento, acadaranse os 5.760 dispositivos e os 200 de xeolocalización, o que supón un 20 por cento máis que os usuarios actuais e un 70 por cento máis dos que había en 2009.
Con motivo da celebración do Día Mundial de Internet, Fundetec presentou 'O Abecedario de Internet', un alfabeto especial que define aqueles conceptos, servizos, calidades, utilidades, sensacións, etc., que transmitiu a Rede a un grupo de persoas maiores de 60 anos do Espazo SeniorTEC San Luciano de Madrid que están a aprender a utilizar as novas tecnoloxías.