Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos “Ways of Solidarity (Camiños de Solidariedade)”

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 09/08/11 (10:00)

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos "Ways of Solidarity (Camiños de Solidariedade)" co obxectivo principal de desenvolver un intercambio de aprendizaxe intercultural entre voluntarios/as sénior de España e Reino Unido. Esta acción encádrase dentro da programación especial que, co gallo do Ano Europeo do Voluntariado, está a desenvolver a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado tratándose da primeira experiencia deste tipo en Galicia. Este proxecto europeo, subvencionado polo Programa Grundtvig dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea, ten como finalidade animar aos maiores de 50 anos a servir á comunidade e desenvolver o seu coñecemento dentro dun contexto intercultural. Isto lograrase a través da realización de actividades voluntarias noutro país da Unión Europea e promoverá a cidadanía activa da sociedade europea. Tamén gañarán coñecemento e habilidades que reforzarán a mensaxe de que a idade non impide que a xente aprenda.

Con este proxecto, queremos animar aos voluntarios maiores a valorar a contribución que poden facer á sociedade; xa que teñen moito para dar, en termos de ideas, habilidades, enerxía e compromiso para construír unha sociedade mellor. Queremos introducir a estes voluntarios sénior, nas súas comunidades ,en cidadáns activos, tanto no estranxeiro coma localmente. Cando os/as voluntarios/as volven á casa, esperamos que estean sumamente motivados para continuar ofrecéndose nas súas propias comunidades locais.

En total, a Xunta enviará 4 voluntarios/as galegos/as a Belfast (Irlanda do Norte) e acollerá outros 4 procedentes da organización Bryson Charitable Group de Belfast. O proxecto ten una duración de dous anos dende o 1 de agosto de 2011 e o 31 de xullo de 2013.
No proxecto poden participar voluntarios/as que teñan cumpridos os 50 anos no momento da súa participación, non se requiren habilidades específicas, pero si un coñecemento básico do inglés.
Para esta primeira fase buscamos 2 persoas de entre 50 e 70 anos que estean motivadas para participar nunha experiencia de intercambio cultural e servizo á comunidade, ofrecendo os seus coñecementos e habilidades.
As dúas persoas seleccionadas viaxarán a Belfast (Irlanda do Norte) do 3 ao 23 de novembro de 2011, (3 semanas), para compartir os seus coñecementos e habilidades, participar en actividades culturais e colaborar en proxectos de voluntariado social, traballando xunto aos voluntarios locais apoiando individuos, grupos ou comunidades vulnerables.
O custe para tomar parte desta iniciativa é gratuíto, ofertándose aos voluntarios e voluntarias aloxamento e pensión completa no albergue elixido, o desenvolvemento dun programa de actividades e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta iniciativa ou que desexen aclarar algunha dúbida, poderán enviar un correo electrónico ao enderezo caminosdesolidariedade.traballo@xunta.es indicando o nome, correo electrónico e teléfono de contacto.
En caso de desexar contactar por teléfono , poden chamar a este número :981540273

Tema: Xeral
Fonte: voluntariadogalego.org
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal