O Comité científico estará formado por representantes expertos do mundo universitario que poidan achegar a súa visión científica, representantes de entidades relacionadas co ámbito do voluntariado, así como representantes das Administracións Autonómicas e do Estado en materia de Política Social.
Composición:
D. Roberto Amurrio Íñigo: Consejero técnico de ONG y Voluntariado. Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad
D. Víctor Renés Ayala: Sociólogo. Responsable de Estudios Cáritas España
Dª. Francina Alsina: Presidenta da Federació Catalana de Voluntariat Social e vocal da Comisión Permanente da Plataforma do Voluntariado de España
D. Fernando Del Rosario: Vicepresidente de Cruz Roja de España e vocal da Comisión Permanente da Plataforma do Voluntariado de España
Dª. María Luz Encina Ramón Teijelo: Jefa de Sección de Formación de Voluntariado. Subdirección Xeral de Voluntariado e Participación de la Xunta de Galicia
Dª. Mar Lorenzo Moledo: Profesora titular Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela.
Dª. Felicitas Rodríguez González: Xefa de Servizo de Programación e Multimedia. Secretaría Xeral de Medios. Xunta de Galicia.
D. Joaquín Varela Rivera: Coordinador Xeral de Cruz Vermella en Galicia.
Funcións do Comité científico
• Supervisar e valorar as comunicacións
• Participar na coordinación das comunicacións
• Preparar as conclusións das comunicacións
O Subcomité científico
Composición
O subcomité científico estará formado por catro persoas do Comité Científico designadas pola maioría dos membros deste.
Funcións
Baixo os principios de efectividade, axilidade e operatividade, o subcomité científico será o encargado de realizar especificamente, os traballos relativos á validación e elección formal das comunicacións valoradas previamente por todos os membros do Comité científico.
Organización Comunicacións e Boas prácticas:
• Quen pode presentar:
o As Comunidades Autónomas
o As Corporacións Locais
o As ONGs
o A iniciativa privada
o O ámbito universitario
o Persoas individuais
• Temática:
As comunicacións e boas prácticas deberán estar relacionadas coas ideas ou temas clave do congreso:
o Voluntariado Europeo
o Participación, cidadanía activa e valores de solidariedade e cohesión social
o Novas modalidades de voluntariado e Retos de futuro
o Accións desenvolvidas no Ano Europeo e o seu impacto
Estimaranse como valor engadido aquelas exposicións que:
o introduzan a transversalidade nas súas accións voluntarias
o promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
o desenvolvan a súa intervención descentralizada e con grao de inclusión no territorio
o consideren o impacto de xénero na acción voluntaria
o aposten pola I+D+I
o e traballen dende a calidade
• Temporalidade:
Todas as Comunicacións e Boas prácticas seleccionadas serán expostas de 18.00 a 20.30 horas do mércores 23 de novembro.
• Requisitos:
As comunicacións enviaranse adxuntas ao modelo para a presentación de solicitudes, por medio da dirección caminosdesolidariedade.traballo@xunta.es www.caminosdasolidariedade.com
Deberán ser traballos orixinais e inéditos (investigacións, experiencias, proxectos de innovación ou revisións documentais) que non fosen obxecto de publicación en revistas científicas nin en congresos anteriores.
As comunicacións contarán cun extensión mínima de 2 e máxima de 5 páxinas (incluíndo figuras, táboas e bibliografía) e deberán axustarse ao seguinte formato de comunicación:
* Encabezamento (aliñado á dereita):
* 1. Título (en maiúscula, Arial negra 15 páx.)
* 2. Nome e apelidos do autor/é (en minúscula, Arial negra 12 páx.)
* 3. Organismo ou entidade ao que pertence (en minúscula, Arial 11 páx.)
* Formato dixital: Microsoft Word para Windows.
* Fonte: Arial Narrow 11 páx. Normal
* Marxes de páxina: 2,5 cm. en cada unha das catro marxes de páx. Interlineado: 1,5
* Aliñación: xustificada
* Entre parágrafos debe deixarse un espazo en branco, omitíndose calquera tipo de sangrías ao comezo dos parágrafos, así como calquera tipo de pé de páxina ou notas ao pé, e a numeración de páxinas.
* Límite do arquivo: 10 Mb.
* Nome do arquivo: ha de corresponder co nome do autor
• O Comité Científico encargarase da selección de comunicacións de acordo cos seguintes criterios:
* Calidade e coherencia.
* Adecuación á temática.
* Achega innovadora.
* Cumprimento dos requisitos de presentación e formato.
O Subcomité Científico decidirá se a comunicación presentada é:
* Seleccionada para a súa exposición pública
* Denegada/ Inadmitida
Posteriormente, tras a análise e deliberacións correspondentes, notificarase por correo electrónico aos autores a decisión do Comité antes do 1 de novembro.
A aceptación definitiva quedará supeditada á formalización da inscrición para participar no Congreso.
O comunicador, ou o voceiro en caso de ser de autoría compartida, terá un tempo máximo de 15 minutos (incluíndo preguntas dos asistentes) para realizar a súa exposición pública.
O Comité Científico resérvase o dereito de denegar a presentación das comunicacións que non cumpran cos criterios establecidos e a seleccionar os traballos que considere oportunos.
Na páxina Web do Congreso www.caminosdasolidariedade.com publicarase 15 días antes ao inicio deste, o calendario e horario de exposición dos traballos aceptados, podendo sufrir modificacións por causas de organización.
Para evitar perdas de tempo, queda prohibido proxectar presentacións dende o propio ordenador portátil dos relatores/comunicantes. Se o comunicador precisa sistema de proxección para a súa exposición pública deberá solicitalo á Secretaría do Congreso no apartado sinalado para tal fin dentro do modelo para a presentación de solicitudes. Nese caso, a organización proverá cada sala dun único ordenador conectado a un sistema de proxección dixital, no que deberán envorcarse todas as presentacións (en formato PowerPoint) que se realicen en cada sesión. O envorcado de tales arquivos realizarase unha hora antes do comezo do taller correspondente.
En principio, as salas non contarán con conexión a Internet.
Expedirase o correspondente certificado aos autores das comunicacións seleccionadas que inscriban e asistan ao Congreso.
O envío dunha comunicación supón a aceptación de que os datos de carácter persoal do comunicador figuren na base de datos que manexará a Secretaría do Congreso de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Esta base de datos é propiedade da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia e a información que contén pode ser usada tanto para a súa correcta identificación como para o envío de información sobre congresos ou outras actividades organizadas pola Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia. En calquera momento se poderá exercer o dereito a acceder, rectificar e, no seu caso, cancelar os seus datos de carácter persoal subministrados mediante comunicación escrita dirixida á Secretaría do Congreso ou á Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia.
• Prazo:
O prazo para a recepción das comunicacións será dun mes, concretamente do 1 ao 30 de setembro.
Rexístrate como: