Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Cartel da xornada
11/03/16 (09:42)
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurará o vindeiro martes 15 en Santiago o XV Encontro Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa capacitación dixital”. A iniciativa, organizada pola Asociación Nacional de Redes de Telecentros en colaboración coa Amtega, ten como obxectivo coñecer as principais accións estratéxicas das Redes de aulas para a formación dixital e potenciar a súa posición como recurso clave para mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e impulsar a innovación social dixital.
Momento do curso
10/03/16 (08:54)
Amosar como as TIC permiten “trasladar unha actividade económica ou non lucrativa, que estamos acostumados a pensar en analóxico ao mundo dixital” é, como sinala a xornalista Jose Piñeiro, o obxectivo central de Dixitalización de negocios para Pemes e ONG, un curso que se vén desenvolvendo desde finais de febreiro na Casa das Campás e no que trata de achegar ás doce persoas que acoden ás diferentes sesións unha serie de claves para trasladar a internet todo tipo de actividades.
Moza sostendo un portátil
09/03/16 (11:53)
A tecnoloxía axuda a reducir a fenda de xénero, segundo o estudo de Accenture "Avanzando cara á igualdade: Como o mundo dixital está a axudar a pechar a fenda de xénero".
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal