Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Refuxiados fan cola nun centro de rexistro cerca de Alemania. Imaxe de EFE
15/03/16 (07:57)
A Comisión Europea puxo en marcha a 'VI edición do Concurso Europeo de Innovación Social', co que busca proxectos innovadores en produtos, tecnoloxías, servizos e modelos que poidan contribuír á acollida e integración dos refuxiados e os inmigrantes en Europa.
Logo discapnet
14/03/16 (09:30)
As páxinas web das empresas son, cada vez máis, a principal canle de comunicación entre elas e os seus clientes polo que é necesario que se teñan en conta ás persoas con discapacidade no seu deseño e renovación. De acordo co último Observatorio Discapnet sobre a web de Servizos e Subministracións do Fogar da Fundación ONCE, tan só os sitios web para clientes de Iberdrola, Vodafone España e Augas de Barcelona obtiveron un aprobado.
Minecraft Mundo Educativo
14/03/16 (09:11)
O campamento vén a ser unha aplicación do célebre videoxogo Minecraft ao currículo formativo, animando a aprender experimentando, ensinando a traballar en equipos, aprender dos erros e seguir unhas regras. Amais, con MinecraftEDU (versión educativa de Minecraft) tamén pode aprenderse física, química, matemáticas, coñecemento do medio, ciencias da terra, historia, tecnoloxía, ciencias artíticas e ciencias relacionais, adquiríndose este coñecemento de xeito divertido a través da interacción, facendo que os alumnos perciban máis intensamente a experiencia ao sentirse protagonistas.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal