Telefónica promoveu os días pasados unha nova edición (xa van catro) do HackForGood, evento celebrado do 25 ao 27 de febreiro en diferentes puntos ou hackathóns da contorna estatal, entre eles Vigo. É preciso salientar que o HackForGood reuniu a máis de 1.000 programadores sociais e solidarios distribuídos en 14 sedes, participaron 20 universidades en máis de 300 retos e desenvolvéronse 120 proxectos. Nestes encontros premiábanse as aplicacións que contribuíran a crear un mundo mellor, no caso da cidade galega tres foron as aplicacións que foron distinguidas nos premios, trátase das ferramentas: Handyhand, TIR e Sherpapp.
O equipo WILL GO da edición local en Salamanca do IV 'HackForGood' recibiu un dos premios temáticos globais deste evento nacional polo seu proxecto de pulseira xeolocalizadora e con proposta de rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
Fundación Vodafone España e Confederación ASPACE renovaron este compromiso co fin de seguir traballando na participación e inclusión das persoas con discapacidade por medio de proxectos de innovación tecnolóxica.