Fundación Vodafone España e Confederación ASPACE renovaron este compromiso co fin de seguir traballando na participación e inclusión das persoas con discapacidade por medio de proxectos de innovación tecnolóxica.
O Director da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno e o presidente da Confederación ASPACE, Jaume Marí, rubricaron a renovación do acordo marco de colaboración entre ámbalas entidades até o 2017.
Coincidindo con esta renovación, formalizouse a adhesión de Confederación ASPACE á comunidade 'Connecting for good: #conecta2Xaccesibilidad', co obxectivo de realizar actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción socio-laboral que redunden en mellorar as condicións de vida das persoas con parálise cerebral.
A Fundación Vodafone España puxo en marcha a Comunidade #conecta2Xaccesibilidad na que participan distintas entidades colaboradoras co obxectivo de crear un espazo que sirva de punto de encontro para conectar e compartir retos para contribuír coa tecnoloxía á mellora da vida das persoas con discapacidade e aumentar as súas posibilidades de inclusión, de integración e de autonomía persoal. Confederación ASPACE participará na devandita comunidade coa realización, entre outros, de experiencias piloto para a validación do uso das solucións tecnolóxicas desenvolvidas pola Fundación Vodafone España.
O compromiso de colaboración tamén se formalizou coa VI Convocatoria dos proxectos de actividade 2016 de #ASPACEnet, que se lanzará este mes de marzo. Esta iniciativa representa a continuidade das accións que se están levando a cabo desde 2011. Desde o inicio do proxecto #ASPACEnet, xa se apoiaron 27 proxectos de actividade e, nesta nova convocatoria, ponse especial énfase na realización de proxectos en cooperación entre entidades, como xa se fixo na anterior edición. Está previsto que neste novo concurso se apoien cinco novos proxectos que levarán a cabo de xullo de 2016 a xuño de 2017.
Rexístrate como: