Finalmente comezaron, da man de Telefónica, as xeiras de HackForGood na Universidade de Vigo e noutras 13 institucións académicas estatais de todo o ámbito estatal. Na edición galega deste evento destinado a xuntar grupos de programadores e impulsar a súa creatividade para dar forma a tecnoloxías que creen un mundo mellor están a participar 62 inscritos e inscritas, o dobre que en 2015. En total, son 13 grupos de entre 4 a 5 persoas, todos eles abordando de cheo temáticas como realidade virtual, aplicacións sanitarias, terceira idade, mobilidade para persoas con discapacidade, robótica, sistemas de emerxencia. Estes son os números e ámbitos de traballo dos e das participantes no HackForGood 2016 organizado pola Cátedra Telefónica- UVigo desde o xoves e ata o sábado no edificio Miralles do campus vigués.
A porcentaxe de mulleres traballadoras no Hipersector TIC, que integra os sectores tecnolóxico e de contidos, é do 35,1%, situándose a fenda de xénero en 29,8 puntos porcentuais. No sector contidos é onde se rexistra a menor fenda de xénero, cunha porcentaxe de traballadoras do 41,5% fronte ao 33,1% do sector TIC.
O pasado 15 de febreiro celebrábase o día mundial do cancro infantil e atendendo a esta data o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), dende a súa área de e-learning e xunto aos socios europeos do proxecto Create Your Future, expoñía dous vídeos nos que mozos sobreviventes de cancro infantil lanzaban unha mensaxe de alento e folgos a outros sobreviventes de cancro infantil e a mozos que aínda están no proceso de tratamento da súa enfermidade.