Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
A Noria. Deputación de Málaga
23/02/16 (08:26)
A Deputación de Málaga abriu a primeira convocatoria para a Liña Innobas-A Noria, enmarcada dentro da Rede de Business Angels de Innovación Social da Fundación Innoves, co obxectivo de captar proxectos desenvolvidos por mozos emprendedores da provincia concienciados no investimento que promova melloras no medio social, medioambental ou cultural.
HackForGood
23/02/16 (08:11)
A nova edición das xuntanzas HackForGood, impulsadas por Telefónica, promete ser unha das grandes citas TIC da tempada de eventos relacionados coas novas tecnoloxías nas súas múltiples facetas. Por que? Pois porque vai xuntar en campus de todo o ámbito estatal (25, 26 e 27 de febreiro) centos de estudantes e futuros profesionais da Sociedade da Información que nos agarda, e tamén porque o van facer (xuntarse) para adquirir coñecemento e formación e, sobre todo, para traballar a prol dun mundo mellor a través das novas tecnoloxías.
Persoa cega no metro
22/02/16 (09:59)
A Fundación Vodafone España, a Fundación ONCE e a Fundación TMB, como parte do seu acordo de cooperación para fomentar a inclusión social de persoas con discapacidade, desenvolveron un proxecto tecnolóxico de I+D para facilitar o uso do transporte público por parte de persoas cegas ou con baixa visión, cuxa versión de proba presentouse, cunha demostración práctica, na estación de Fira do metro de Barcelona.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal