Xa o avanzamos os días pasados pero non está de máis lembralo dada a importancia da cita prevista: a Facultade de Información da Universidade da Coruña acollerá este sábado 20 a partir das 9.00 horas a segunda edición da edición galega da First Lego League.
Recibir unha alerta en tempo real ante calquera patrón de condución demasiado agresivo; coñecer o total de combustible consumido, os niveis de C02 emitidos e o diñeiro que nos gastamos nun determinado traxecto co noso coche; ou saber cales son as zonas da cidade que nos xeran máis tensión ao volante. Estas son algunhas das prestacións da nova versión de Driving Styles, unha aplicación desenvolvida por investigadores da Universitat Politècnica de València, que actualmente xa se descargaron máis de 5000 condutores.
CareLife, como temos sinalado noutras ocasións, ten por obxectivo o coidado e a mellora da calidade de vida dos maiores e das persoas dependentes, “desde a perspectiva do fomento do envellecemento activo e saudable. Trátase, pois, dun sistema intelixente que analiza as rutinas e hábitos de vida do usuario para obter e establecer perfís que faciliten o seu seguimento e control a distancia.