Este venres presentouse en Compostela a nova edición dun certame dirixido a fomentar entre as novas xeracións un dos mellores usos posibles que lles poden extraer ás novas tecnoloxías: empregalas para compartiren emocións e sentimentos de afecto e, tamén e por suposto, de amor. Trátase do concurso Lingua de Namorar, unha actividade que nos lembra (por se alguén o esquecera, entre tanto bullying, sexting, phishing e demais) que as redes tamén contan como comunicadoras do mellor das virtudes persoais de cada internauta, e que ten o engadido extra (un engadido a ter moi en conta) de apostar de cheo polo galego, unha lingua, segundo os impulsores da iniciativa, “moi acaida dende sempre para o amor”.
A V Conferencia Zero Project, que está a ter lugar desde hoxe mércores e até o vindeiro venres 12 de febreiro na sede de Nacións Unidas en Viena, está dedicada ás innovacións que melloran as oportunidades de aprendizaxe para persoas con calquera tipo de discapacidade ou/e o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación).
A Universidade de Vigo acollerá a celebración de HackForGood, iniciativa de Telefónica que alcanza este ano a súa cuarta edición, os vindeiros días 25, 26 e 27, co obxectivo de xuntar hackers na procura de aplicacións tecnolóxicas que contribúan a crear un mundo mellor a través do uso dos datos xerados na contorna dixital (Big Data).