Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Irisbond

Comeza a V Conferencia Zero Project sobre educación e TICs inclusivas

  • Está dedicada  ás innovacións que melloran as oportunidades de aprendizaxe para persoas con calquera tipo de discapacidade ou/e o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación).
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/02/16 (10:04)

Irisbond foi seleccionada por Zero Project como 'práctica innovadora', a proposta da Dirección Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade). Irisbond presentará a súa tecnoloxía de control do computador coa mirada, así como o novo software EyeLearn, específico para educación especial.

A V Conferencia Zero Project, que está a ter lugar desde hoxe mércores e até o vindeiro venres 12 de febreiro na sede de Nacións Unidas en Viena, está dedicada ás innovacións que melloran as oportunidades de aprendizaxe para persoas con calquera tipo de discapacidade ou/e o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación).

Irisbond, que lanzou ao mercado en 2013 un sistema informático que permite controlar de forma moi precisa un computador co movemento dos ollos, puxo o foco da súa actividade en persoas con problemas de mobilidade e/ou dificultade na comunicación oral (ELA, parálise ou dano cerebral, ictus...). Comunicarse, traballar ou aprender xa é posible para estas persoas a través da mirada.

Para Eduardo Jáuregui, Conselleiro Delegado de Irisbond, 'participar nun foro internacional de tanto prestixio e, ademais, a proposta do Ministerio de Sanidade, supón para nós unha enorme satisfacción e unha responsabilidade para continuar innovando no ámbito da discapacidade'. 'Por outra banda -engade o fundador de Irisbond-, é unha magnífica oportunidade para difundir, ante organismos e profesionais expertos de todo o mundo, a especial utilidade da nosa tecnoloxía en favor da comunicación e socialización de persoas que padecen graves limitacións '.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal