Desde a Fundación TECSOS elaborouse o informe de 'Deseño, Estudo e Implementación de Dispositivos Wearables', onde se recolle estado da arte dos wearables en relación á súa evolución tecnolóxica, estimación de custos, avaliación das posibilidades de implantación real con usuarios e probas de concepto respecto dos seus usos potenciais.
“EVA Facial Mouse” é unha aplicación gratuita para dispositivos Android que permite acceder ás funcións do dispositivo dunha forma alternativa, sen a necesidade de usar as mans.
Os novos realizadores contan desde hoxe cunha das mellores oportunidades para exhibir o seu traballo en salas comerciais de toda España grazas a ASPACEfilm 2016, a segunda edición do concurso de curtas sobre parálise cerebral organizado por Confederación ASPACE, pois a curtametraxe gañadora será proxectada en máis de 60 cinemas de toda España antes de cada película e o seu director recibirá 1.000 euros en metálico grazas ao patrocinio da Fundación MRW.