Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
EVA Facial Mouse

Lanzamento da nova App “EVA Facial Mouse”

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/02/16 (12:04)

A aplicación está destinada a aquelas persoas que, por calquera motivo, non poden facer uso das interaccións habituais con dispositivos móbiles e/ou tabletas, podendo acceder ás funcións do dispositivo por medio do seguimento do rostro de usuario captado a través da cámara frontal. Algúns dos colectivos que poden beneficiarse deste proxecto son as persoas con amputacións, parálise cerebral, lesión medular, distrofia muscular, esclerose múltiple, esclerose lateral amiotrófica (ELA) e outras enfermidades ou discapacidades.

Para o desenvolvemento de EVA contouse coa colaboración de profesionais e usuarios de entidades da Confederación ASPACE, de entre as cales destacamos: ASPACE Asturias, ASPACE Barcelona, ASPACE Gipuzkoa, ASPACE Selecta, APPC Tarragona e AVAPACE. Ademais contouse con CEAPAT-IMSERSO, CRE de Discapacidade e Dependencia IMSERSO, ASPAYM Castela e León e ADELA Comunidade Valenciana.

A finalidade da aplicación é a de contribuír a que as persoas con discapacidade poidan beneficiarse do uso destes dispositivos e, poidan ocupar o lugar que lles corresponde en todos os ámbitos da vida: familiar, educativo, laboral, recreativo e comunitario.

EVA Facial Mouse foi desenvolvida por CREA Sistemas Informáticos, co apoio da Fundación Vodafone España.

Link ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=ED4EgNoB8hs

Descárgaa en:

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.crea_si.eviacam.servic...    

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal