Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Portada do estudio

"Deseño, Estudo e Implementación de Dispositivos Wearables" en referencia á Teleasistencia Móbil

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/02/16 (12:11)

Desde a Fundación TECSOS elaborouse o informe de 'Deseño, Estudo e Implementación de Dispositivos Wearables', onde se recolle estado da arte dos wearables en relación á súa evolución tecnolóxica, estimación de custos, avaliación das posibilidades de implantación real con usuarios e probas de concepto respecto dos seus usos potenciais.

Da análise realizada extráese que os wearables poden ser considerados como unhas ferramentas que poderían seguir a mesma evolución que seguiron outras tecnoloxías como poden ser os smartphones, agora de uso xeneralizado.

Este estudo centrouse especialmente no comportamento dun dos tipos de wearables, os smartwatches ou reloxos intelixentes, e a súa integración para determinados perfís de persoas usuarias ou actividades desenvolvidas no ámbito da intervención social como o servizo de teleasistencia, o envellecemento activo, a atención ás persoas maiores en situación de dependencia, con discapacidade, en risco de agresión ou exclusión.

Ver o Informe en: www.fundaciontecsos.es/documentos/wearables/index.html 

Tema: Xeral
Fonte: fundaciontecsos.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal