Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
A fachada do punto CPAE 2.0 de Lalín
01/03/16 (08:21)
Mañá comeza o mes de marzo e con el a posibilidade de asistir a 30 obradoiros encamiñados a autónomos e PEME, actividades organizadas pola Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, a rede provincial de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías da información.
Firma do convenio Amtega - CPEIG
01/03/16 (07:56)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrarán este ano un ciclo de xornadas dos perfís dixitais que xorden das novas tendencias tecnolóxicas e ofrecerán formación especializada en TIC para empregados públicos, docentes e familias. Son as liñas de colaboración recollidas no convenio asinado esta mañá pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. A Amtega achegará ao CPEIG 65.000 euros para o desenvolvemento das accións previstas
Clausura da xornada
29/02/16 (13:52)
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou en Santiago na clausura da xornada sobre os resultados do servizo Icoopera para o impulso da I+D+i e das TIC nas cooperativas galegas, onde destacou que a nova Estratexia para o impulso do cooperativismo galego 2016-2020, na que está a traballar o Goberno galego, impulsará o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación do sector.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal