Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
“Yo me prep@ro” Pontevedra

Down Pontevedra e Fundación Vodafone España presentaron a segunda edición de "Yo me prep@ro" un programa de formación nas TIC para a inserción laboral de persoas con síndrome de Down

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/03/16 (12:00)

No acto celebrado en Pazo Mugartegui de Pontevedra presentouse a segunda edición de "Yo me prep@ro", un programa de formación nas TIC para a inserción laboral de persoas con síndrome de Down. No acto interviñeron: Digna Rosa Rivas Gómez, Deputada de Cohesión Social e Mocidade; Manuel Pérez Cabo, Presidente da Asociación Down Pontevedra "Xuntos"; Carmen Fouces, Concelleira de Benestar Social; José Suárez, Responsable de Administracións Públicas de Vodafone en Galicia; José Luís Buján, Representante de Ucalsa-Pontevedra; Enrique Domínguez Munaiz, Director deportivo/adestrador do equipo Teucro Liga Asobal; Verónica Rosales Patiño, Empregada da empresa Ucalsa e Pizza Móbil; Miguel Pérez Fernández, empregado do Centro de Recuperación Torrado e formación en masaxe deportiva no Teucro.

O obxectivo do proxecto "Yo me prep@ro" é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias para facilitarlles o acceso ao emprego, a través das diferentes tecnoloxías implantadas na sociedade: acceso a Internet, uso do computador, acceso a redes bancarias informatizadas, comunicación a través da telefonía móbil ou fixa, realizar consultas en organismos públicos, programación e uso da televisión e DVD, etc.

No curso 2015-2016 recibiron formación prelaboral en NN.TT 16 persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual de Down Pontevedra.

O proxecto completou o seu primeiro ano (2014-2015) con gran éxito, superando as expectativas tanto no número de prácticas laborais conseguidas como na cifra de contratacións laborais. Neste proxecto participaron 9 usuarios da asociación

A nivel nacional o proxecto completou o seu primeiro ano (2014) con gran éxito pois superou as expectativas tanto no número de prácticas laborais conseguidas como na cifra de contratacións laborais, alcanzando os 72 contratos de traballo. En 2015 recibirán esta formación en Novas Tecnoloxías un total de 240 usuarios de toda España a través de 15 cursos, cun total de 10.500 horas lectivas.

O programa de formación desenvolverase en dous niveis: un de iniciación e outro de profesionalización, ambos dun ano de duración. O nivel de profesionalización comprende tamén prácticas en contornas laborais cuxo obxectivo é conseguir a inserción laboral. 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal