Deseñado en colaboración co Calming Technology Lab da Universidade de Stanford, Spire é un wearable que se leva na cadeira ou no torso e detecta o movemento físico, a posición e os patróns de respiración a través dun grupo de sensores que proporciona información en tempo real.
Outubro é o mes dedicado ao cancro de mama e onte celebrouse o Día Mundial desta enfermidade que pode evitarse ou reverterse se se realiza un diagnóstico precoz. Por iso, hoxe traemos cinco aplicacións móbiles que axudan a previ-lo cancro de mama ou a lograr unha detección temperá da patoloxía.
Os beacons, e a internet das cousas, van evolucionando para introduci-la tecnoloxía aos obxectos do mundo real. No museo de ciencias de Delhi, na India, deica pouco os visitantes invidentes poderán gozar de guías de audio que ademais indicaranlles como ir dun sitio a outro.