Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Visitantes dun museo

Estes beacons axudarán aos invidentes a moverse por indicacións nun museo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/10/14 (13:02)

Os beacons, e a internet das cousas, van evolucionando para introduci-la tecnoloxía aos obxectos do mundo real. No museo de ciencias de Delhi, na India, deica pouco os visitantes invidentes poderán gozar de guías de audio que ademais indicaranlles como ir dun sitio a outro.

O seu nome é Roshni, en hindi significa luz, e foi creado no MIT. Trátase dunha rede de beacons distribuídos ao longo do museo que se encarga de enviar sinais aos visitantes para indicarlles por onde teñen que ir na ruta que previamente designaron na aplicación móbil.

O funcionamento de Roshni é moi sinxelo. Cando o visitante entra no museo, abre a aplicación móbil e indica onde quere ir. Ademais da guía de audio convencional que lle describe as diferentes obras tamén lle vai dando indicacións: cantos pasos ten que dar, en que dirección ten que virar...

Os beacons instalados no museo encárganse de detectar a cada usuario, saber en que punto está do museo e dicirlle por onde ten que ir para chegar ao destino. As primeiras probas realizadas con dez suxeitos invidentes demostraron que Roshni é útil: rutas máis rápidas e pedindo menos axuda ao resto de visitantes da sala.

O próximo mes presentarase o proxecto de forma oficial nunha conferencia de mobilidade que se celebra en Rochester, Nova York, aínda que Roshni xa está a funcionar no museo de ciencias de Delhi. De momento non hai plans para introducilo en máis galerías.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal