Máis de 100 profesores da Comunidade de Madrid formáronse no uso de aplicacións móbiles e outras tecnoloxías, co obxectivo de apoiar a comunicación de nenos con discapacidade intelectual e con outras necesidades especiais nos centros de educación infantil e primaria.
Segundo o convenio, as Secretarías de Estado de Telecomunicacións, e de Seguridade, encargaranse respectivamente de crear contidos para a formación pedagóxica TIC para que os menores poidan navegar sen riscos pola Rede, e de difundir as accións formativas previstas para policías, pais, titores e educadores.
Ibermática, a través do seu Instituto de Innovación i3B, lidera un proxecto para mellora-la asistencia sociosanitaria das persoas maiores no seu propio domicilio. Co apoio dunha plataforma tecnolóxica nova e a figura dun interlocutor entre o usuario e as entidades que lle ofrecen os seus servizos, o obxectivo será lograr para 2015 unha atención personalizada que satisfaga tanto os gustos particulares e as expectativas como as necesidades das persoas maiores que desexan continuar vivindo na súa vivenda con autonomía e dignidade.