A empresa española Imaginarium, especializada na produción de produtos destinados ao público infantil, lanzou o seu novo terminal. Trátase do primeiro 'phablet' para nenos que combina, nun mesmo produto, unha tableta e un 'smartphone'. Segundo indicou a compañía nun comunicado, Paquito Mix é un 'phablet' con pantalla de 6 polgadas que "permite aos nenos estar conectados, divertirse e aprender xogando con total seguridade".
No marco do proxecto ‘Faite Dixital’, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec, o vindeiro mércores 28 de outubro, terá lugar a primeira dos Faladoiros Dixitais baixo o título ‘Facendo a Innovación Social’
Un grupo de desenvolvedores españois lanzaron Outbarriers, unha aplicación que serve de axuda ás persoas cegas e que permite identificar obstáculos para que estas persoas poidan evitalos sen problemas durante os seus percorridos urbanos.