Coller apuntamentos unicamente en papel xa é historia. Agora o teu móbil pode resultar moito máis útil do que imaxinas á hora de estudar grazas á multitude de aplicacións que poderás descargar para levar ao día as túas clases e aprobar os exames.
Preto de 400 estudantes preuniversitarios participaron na campaña e-Skills for Jobs, para coñecer a importancia das ferramentas dixitais para o desenvolvemento do seu futuro profesional.
O vindeiro martes 28 de outubro, de 18:30 a 20:30 horas no espazo de coworking WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña desenvolverase unha actividade dentro do programa Faite Dixit@l! que consistirá nunha tertulia dixital na que partirá dunha serie de presentacións en formato Pecha Kucha (contarase só con 6 minutos para expor cada idea) nas que lanzarán ideas chave sobre as que debater e compartir coñecemento da innovación social dende múltiples vertentes creativas, achegando coñecemento e experiencias.