Coller apuntamentos unicamente en papel xa é historia. Agora o teu móbil pode resultar moito máis útil do que imaxinas á hora de estudar grazas á multitude de aplicacións que poderás descargar para levar ao día as túas clases e aprobar os exames.
O teu smartphone pode servirche para moito máis que utilizar apps para consultar o tempo que fará mañá, canto lle queda ao autobús para chegar á parada, editar fotos ou escoitar música. Se estás a estudar interesarache descargar algunha das aplicacións que che ofrecemos a continuación e con elas poderás escanear documentos, organizar as tarefas ou acceder a apuntamentos online e todo tipo de material educativo.
Rexístrate como: