Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Jóvenes usando nuevas tecnologías

e-Skills for Jobs, unha campaña para coñece-lo futuro profesional dos estudantes universitarios

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/10/14 (09:33)

Preto de 400 estudantes preuniversitarios participaron na campaña e-Skills for Jobs, para coñecer a importancia das ferramentas dixitais para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

O evento contou coa intervención do vicerreitor de Calidade e Innovación Académica da Universidade Europea, Pedro Lara, quen destacou a importancia de utilizar "adecuadamente" as novas tecnoloxías e resaltou que a diferenza entre os mozos, aos que denominou "nativos dixitais", e os adultos ou "emigrantes dixitais" é "a actitude" que adopta cada grupo fronte á tecnoloxía. "A tecnoloxía é o voso aliado para facer cousas diferentes e tedes que ter unha actitude aberta para que poidades detectar oportunidades", matizou.

Pola súa banda, o director de Contidos Dixitais e I+D+i de AEMETIC incidiu na revolución dixital e no protagonismo que terán os estudantes como "axentes do cambio". "O auxe das novas tecnoloxías non fixo máis que empezar, vanse a crear trescentos mil postos de traballo no mundo dixital", advertiu aos mozos.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal