Telefónica I+D presentou a súa primeira solución comercial no ámbito da Internet das cousas (IoT nas súas siglas en inglés) chamada Thinking Things, unha colección de dispositivos modulares que se poden conectar entre si da mesma forma que unha estrutura LEGO.
O proxecto "Dedos", que a través de dispositivos táctiles favorece a aprendizaxe de persoas con discapacidade intelectual, foi elixido "Mellor Proxecto TIC Educación Inclusiva, Igualdade e Diversidade" nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2014.
Un novo sistema protésico deseñado por expertos da Universidade Case Western Reserve e o Centro Médico Louis Stokes Cleveland Veterans Affairs permite aos pacientes que perderon un membro experimentar sensacións similares ás que terían se aínda o conservasen. Deste xeito, por exemplo, a unha persoa á que lle falte unha man encrecharíaselle o pelo do brazo cando "tocase" cos seus dedos biónicos algunha superficie que no seu día lle provocase denteira.