Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Prótese

Novas próteses que permiten sentir

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/10/14 (09:59)

Un novo sistema protésico deseñado por expertos da Universidade Case Western Reserve e o Centro Médico Louis Stokes Cleveland Veterans Affairs permite aos pacientes que perderon un membro experimentar sensacións similares ás que terían se aínda o conservasen. Deste xeito, por exemplo, a unha persoa á que lle falte unha man encrecharíaselle o pelo do brazo cando "tocase" cos seus dedos biónicos algunha superficie que no seu día lle provocase denteira.

Segundo recolle a revista Science Translational Medicine, aínda que en realidade o afectado non pode "sentir" de verdade coa súa man artificial, un programa informático traduce ese rozamento en sinais eléctricos que logo envía á parte non danada do seu membro e ao seu cerebro. Para iso, implantan eléctrodos nos músculos que aínda conserva. Os seus desarrolladores destacan que este avance fai que os usuarios de determinadas próteses as poidan manexar máis facilmente.

O enxeñeiro biomecánico Dustin Tyler, que dirixiu a investigación, apunta que o seu obxectivo non só é restaurar a funcionalidade perdida do paciente, senón reconectalo co mundo. "O noso traballo serve para reactivar áreas do cerebro relacionadas coa sensación do tacto que desaparecen cando se perde un membro", indica.

Tema: Xeral
Fonte: Muy Interesante
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal