Levar unha prótese non debe ser fácil e menos se es un neno. Vimos algúns casos de como a impresión 3D axuda a crear pezas de todo tipo para substituír extremidades ou axudar a persoas con problemas á hora de moverse. Todas teñen un acabado moi funcional pero nada estético e precisamente por iso Pat Starace pensou que se poderían facer un pouco máis divertidas pero igual de útiles.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración de Fundetec, convoca o "Primeiro Concurso 'Faite Dixit@l!' de Aplicacións para Móbil”. O certame, que se enmarca dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica Faite Dixit@l, busca recoñecer a creatividade na elaboración de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomentar o uso da tecnoloxía de código aberto.
Camiñar, falar, facer acenos e interactuar en redes sociais son algunhas das características do robot humanoide Jimmy, construído con tecnoloxía Intel. Jimmy forma parte do proxecto "21st Century Robot", foro de colaboración e construción de robots personalizados, mediante a implementación de arquivos de deseño e aplicacións en Internet para que as persoas compartan e personalicen o seu androide.