Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Robot Robi
15/10/14 (10:53)
Aínda hai moito que mellorar no mundo da robótica, pero aos poucos imos achegándonos ao que a ciencia-ficción nos ditou durante as últimas décadas. Os robots son unha realidade nas fábricas e en moitos outros ámbitos; no fogar a súa presenza é tímida: o máis representativo son os aspiradores-robot, e pouco máis. Robi pretende ir un paso máis aló.
Logo TifloInnova 2014
15/10/14 (09:46)
Co fin de que os afiliados á ONCE conten cun espazo aberto no que poder compartir con expertos a evolución que segue a tecnoloxía, e máis concretamente aquela que pode achegar prestacións útiles e funcionais ás persoas con cegueira ou deficiencia visual grave, o Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica (CIDAT), como Centro da ONCE especializado nesta materia, organiza as "Xornadas de Usuarios de Tiflotecnoloxía 2014", que se celebrarán no marco da Feira Internacional TifloInnova.
Cruz Vermella
15/10/14 (09:14)
O premio Socio de Honra 2014 da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (galardón que se vai entregar na XIX Gala das Telecomunicacións de Galicia, que se celebrará o vindeiro 24 de outubro no Gran Hotel da Toxa) foi para a Cruz Vermella de Galicia, polos “seus esforzos permanentes na renovación das súas infraestruturas tecnolóxicas, das que fai un uso intelixente na procura dunha maior eficiencia dos seus servizos”.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal