Aínda hai moito que mellorar no mundo da robótica, pero aos poucos imos achegándonos ao que a ciencia-ficción nos ditou durante as últimas décadas. Os robots son unha realidade nas fábricas e en moitos outros ámbitos; no fogar a súa presenza é tímida: o máis representativo son os aspiradores-robot, e pouco máis. Robi pretende ir un paso máis aló.
Un robot de compañía ideado polo xaponés Tomotaka Takahashi, quen o porá á venda ao longo de outubro en Xapón, Taiwan, Italia, Reino Unido e Hong Kong. Trátase dun humanoide de 34 centímetros de altura e ao redor de 1 quilogramo de peso capaz de recoñecer até 250 comandos de voz, e responder ante eles. Por exemplo pode cambiar a canle da televisión grazas ao seu sensor de infravermellos incluído, bailar, xogar ao fútbol ou mesmo limpar o chan.
Pero non se limita unicamente a labores do fogar ou lecer. Tamén incorpora un sistema de interacción con humanos co que é capaz de transmitir sensacións básicas a partir da cor ou a forma dos seus "ollos", e estas créanse segundo sexa a conversación coa persoa. Nada enormemente destacable, pero desde logo un detalle moi interesante para os que queiran un colega robot.
Robi é unha realidade aínda que a súa venda é algo peculiar. En Italia, por exemplo, distribúeo a editorial De Agostini cun sistema de entregas semanais cada unha delas cunha peza do robot e un prezo final superior aos 1.000 euros. Unha vez teñas as todas poderás construílo e telo sempre ao teu lado. Como nota adicional, cada país no que Robi se lanzou foi xunto co recoñecemento de voz do seu respectivo idioma, co que confiamos en que se algún día chega a España o faga cun perfecto castelán.
Rexístrate como: